Thursday 09 de May de 2024

O luns 20 de novembro remata o período voluntario para pagar a taxa de lixo comercial, o IAE e o IBI


O luns 20 de novembro remata o período voluntario para pagar os recibos correspondentes aos impostos sobre bens inmobles (IBI) e actividades económicas (IAE) e á taxa pola recollida de lixo comercial. Dende o Concello de Carballo téñense remitido aos domicilios un total de 20.641 cartas informativas, 8.468 con información para as persoas que teñen os recibos domiciliados (41%) e 12.173 cos recibos de pago para o resto dos/as contribuíntes, que deberán presentalos para poder realizar o pagamento nas oficinas da recadación municipal.

Os padróns corresponden aos seguintes tributos:
• Imposto sobre bens inmobles de características especiais. Importe total do padrón: 209.662,26 € (1 recibo).
• Imposto sobre bens inmobles urbanos. Importe total do padrón: 5.680.927,99 € (32.542 recibos).
• Imposto sobre bens inmobles rústicos. Importe total do padrón: 305.072,72 € (14.159 recibos).
• Imposto sobre actividades económicas. Importe total do padrón: 298.596,38 € (407 recibos), correspondentes a 238.876,64 € de cota municipal, e 59.719,74 € de recargo provincial.
• Taxa pola prestación do servizo de recollida domiciliaria de lixo e residuos sólidos urbanos, na súa modalidade comercial. Importe total do padrón: 269.028,06 € (1.468 recibos).
Para os recibos non domiciliados, os lugares e formas de pagamento son os seguintes:
a) Nas oficinas bancarias e nos caixeiros das entidades ABANCA, CAIXABANK, e Banco Santander, utilizando o documento de pagamento remitido polo Concello.
b) A través da banca electrónica de ditas entidades, co código de barras e a referencia que constan no documento de pagamento.
c) Na pasarela de pagos da web www.carballo.gal, dentro do apartado Centro de Atención Cidadá – Sede Electrónica – Outros servizos – Pago de tributos on-line.
d) Presencialmente, nas Oficinas da Recadación Municipal, sitas na Rúa Camiño Novo, 7, Entreplanta Galerías Comerciais (Tlf. 981704278; correo: recadacion@carballo.gal), en horario de luns a venres, de 08:00 a 14:30 horas.
e) A través de transferencia bancaria ou ingreso na conta da entidade ABANCA ES55 2080 0019 5331 1000 0028, indicando a referencia do recibo.